Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
06/07/2007 23:55

Convocada unha manifestación contra a ampliación da piscifatoría de Quilmas

Contra a destrución da nosa costa e do noso patrimonio cultural, Quilmas non se vende!



Da propaganda e da realidade do galego na USC
06/07/2007 12:34

Da propaganda e da realidade do galego na USC

A USC enviou por correio maciçamente propaganda da campanha com o cabeçalho de "Anímate, espalla o galego polo mundo!!!"


Quo Vadis, A Nosa Terra?
05/07/2007 19:23

Quo Vadis, A Nosa Terra?

Unha cabeceira histórica do nacionalismo, A Nosa Terra, vén de acabar en mans do sector do ladrillo. O proxecto político-cultural, en defensa do país, pode ficar esmagado para sempre...


Marcha ecoloxista contra a mina de andalucita
05/07/2007 14:15

Marcha ecoloxista contra a mina de andalucita

A empresa anglo-sudafricana "Picobello Andalucita" solicitou permiso para explotar unha mina en terreos a carón do Parque Natural das Fragas do Eume.
Diversos colectivos opóñense a este proxecto que poñería en perigo o mesmo parque e o nacemento do río Belelle.


05/07/2007 11:33

Xa podes asinar en galego a petición do NON ó formato de Microsoft Office como estándar ISO

Microsoft está intentando actualmente facer crer aos organismos ISO que o seu formato aberto de Office XML (OOXML) é un bo estándar. 


Transparencia nas subvencios aos medios de comunicación
04/07/2007 13:02

Transparencia nas subvencións aos medios de comunicación

A Xunta Executiva Federal da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, manifesta a súa preocupación por que a nova Lei do Traballo Autónomo poida ser utilizada por algunhas empresas de medios de comunicación para reducir os contratos temporais dos seus persoais e transformalos en autónomos. Tamén se valorou o sistema de subvencións aos medios, despois das eleccións municipais.


04/07/2007 11:54

Macro-piscifactoria nos lindes do Parque Natural de Corrubedo

A consellería de Carmen Gallego elixe o cabo da vila que é capital do parque natural das dunas para levantar unha gran piscifactoría, moi preto de onde a prohibiu hai dous anos


03/07/2007 19:44

Verdegaia organiza senllas proxeccións de “O salario do silencio” en Santiago e Vigo

Verdegaia-Compostela e Verdegaia-Vigo convídante á proxección do documental "O salario do silencio", sobre a planta regasificadora que REGANOSA construiu na ría de Ferrol. Serán, respectivamente, no local da Gentalha do Pichel en Compostela (rúa Santa Clara, 21) o mércores 4 de xullo ás 20:30 h, e no Centro Cívico do Casco Vello en Vigo (rúa Oliva nº 12) o xoves 5 de xullo ás 19:30. Logo de cada unha das proxeccións, haberá unha mesa redonda coa presenza do directore, Enrique Banet, da produtora executiva, a actriz Mabel Ribera, e dun representante do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol.


Dos concertos de hoxe aos concertos do futuro
03/07/2007 11:43

Dos concertos de hoxe aos concertos do futuro

Aproximadamente fai un mes celebráronse dous concertos que, baixo o epígrafe de “Concertos de Mediodía - Proposta de Escoita”, a fagotista Patricia Castro e o clarinetista Darío Mariño brindáronnos e que tiveron lugar por iniciativa do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña e grazas á colaboración do Museo de Belas Artes da cidade herculina.


Atençom!! Lei da Carreira Militar adiante
02/07/2007 11:35

Atençom!! Lei da Carreira Militar adiante

as academias militares espalhados por todo o território do Estado serviririam para a formaçom educativa superior em carreiras civis, ao compás dos estudos militares.


02/07/2007 10:19

Suba das Taxas!!

Debido á recente comunicación, en rolda de prensa, por parte Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria dunha suba no prezo das Taxas Académicas das Univerisdades de SUG queremos manifestar a nosa total oposición a este incremento desproporcionado e inxusto que supon máis un obstáculo para o acceso universal á educación superior. As Taxas subiran 4 puntos con respecto ao ano pasado na primeira matrícula, e sobre esta a segunda un 15% a terceira un 35% e da cuarta para diante un 50%.


Promessas políticas ao abeiro da competitividade no mercado da educaçom
30/06/2007 12:06

Promessas políticas ao abeiro da competitividade no mercado da educaçom

Nom há ilusons, tampouco, para crer, nem tam sequer suspeitar, que a investigaçom vaia responder às necessidades populares e nom às iniciativas empresariais de rendimento capitalista.


Greenpeace presenta "O túnel do tempo" na Coruña
29/06/2007 10:10

Greenpeace presenta "O túnel do tempo" na Coruña

Podes imaxinar como será o 2050? gustaríache saber cómo sería o futuro? queres viaxar ao 2050? gustaríache saber cómo sería o futuro dependendo das decisións que tomes neste momento? Agora con Greenpeace podes facelo.

A Coruña, 29 e 30 de xuño e 1 de xullo. Mañás de 11:30h a 14h e tarde de 16:30h a 20:30h (o último día ás 18:30h). Xardíns de Méndez Nuñez.


28/06/2007 21:12

A Bandeira Azul non é garantía dun litoral ecolóxico

bandeiranegra.jpgA bandeira azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais non garante a calidade ambiental dun litoral. Os criterios polos que a FEE (unha fundación privada fortemente subvencionada polos concellos e a industria turística) concede a bandeira azul, atenden principalmente á calidade da auga e aos servizos da praia. No entanto, moitas praias con bandeira azul son exemplo de práticas insustentábeis: urbanismo agresivo, turismo descontrolado, destrucción de áreas dunares... que degradan o seu equilibrio ecolóxico. Porén, dende 1999 a CE deixou de financiar á FEE, xa que segundo o Parlamento Europeo a concesión de bandeiras azuis “convertiuse nunha actividade enganosa, ao utilizar un símbolo de suposta calidade sen a garantía dos organismos oficiais da UE”.
 


28/06/2007 15:32

Axuda ós refuxiados sen moverte da casa

Un blogue e unha ONG procuran fondos para axudar a case 42.000 refuxiados de Liberia. A iniciativa atópase en www.africa.arblog.info


Urbanización masiva en Pontedeume
28/06/2007 11:29

Urbanización masiva en Pontedeume

Adxúntovos as alegacións que o colectivo Fusquenlla de Pontedeume presentou contra o plan parcial de Anduriñas-Ber. Este plan foi aprobado nos últimos días polo goberno saínte, poco antes de entrar en vigor a Lei de Medidas Urxentes do Litoral.
De realizarse este proxecto, construiríanse 200 vivendas na franxa litoral de Ber, unha zona que os responsabeis da CPTOPT consideran debe ser protexida polo alto valor paisaxístico. Foi esta unha das razón polas que o PXOM de Pontedeume non logrou superar a aprobación inicial.


27/06/2007 20:13

Campamento de verán

X CAMPAMENTO CÍRCULO MERCANTIL: Volta ao mundo en 7 días


27/06/2007 14:51

Adega reaxe contra o decretazo das canteiras

campa3.jpg Diante da recente legalización da canteira da Campa polo Consello da Xunta, ADEGA expresa a súa vontade de iniciar as accións xudiciais e sociais oportunas para tentar reparar este lamentábel erro. 
 


26/06/2007 18:59

Charla-Coloquio: Atenco non se vende!

Na Galería Sargadelos de Compostela Martha Pérez Pineda, falará sobre a situación que se está a vivir na localidade mexicana de Atenco, na que a poboación se está a erguer en contra da espoliación das súas terras por parte do goberno mexicano.


26/06/2007 16:40

Dime con quen pactas...

O PSOE da Estrada escenifica unhas negociacións fallidas co BNG para xustificar o seu acordo co Cidadáns de Galicia (ex-PP).



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.