Un blogue e unha ONG procuran fondos para axudar a case 42.000 refuxiados de Liberia. A iniciativa atópase en www.africa.arblog.info
nternet, a web 2.0, o correo electrónico, todos estes avances posibilitan a aparición de novas iniciativas solidarias.
O caso de Help for Africa é singular. A idea xurdiu dunha unón entre o blogue arblog! e a ONL Africa Aid. E a finalidade é recoller fondos para desenvolver diferentes programas nun campo de refuxiados de Liberia, situado en Ghana, a uns 45 km da capital Accra.
O campo acolle a case 42.000 refuxiados, dos que centos son nenas e nenos.
O proxecto busca a mellora das condicións de tódolos refuxiados e do campo en xeral, proporcionando unha asistencia médica adecuada para atallala malaria e o SIDA, acceso a auga potable, promoción do emprego e da autonomía económica, etc.
A iniciativa pode visitarse en: http://www.africa.arblog.info e as páxinas web dos impulsores son http://www.arblog.info e http://www.africaaid.org