
Colectivo Murguía e
Asociación Galega de Historiadores/as
Nas últimas case catro décadas ollamos como a nosa historiografía foi quen de abordar a súa reconstitución, após os anos de silencio forzado. Hoxe en día, vizosa é a realidade historiográfica galega, capaz, mesmo, de chegar a autocríticas e revisións moitas veces máis que necesarias.
Contodo, diante desta presentación do volume duplo que tes nas túas mans, queremos reparar noutro obxecto, para alén do historiográfico. Non tanto, desta vez, pór a ollada nas nosas historiadoras e historiadores como nunha outra peza de grande relevo e operatividade nesa grande engranaxe da que uns e outros fan parte: o asociacionismo de base.
Seguir lendo
[19/10/2009 11:22] Entre as distintas actividades que o Consello da Cultura Galega (CCG) vén desenvolvendo, están as diversas conferencias e seminarios que organizan.
[22/07/2009 13:03] O número de publicacións que recuperan a nosa historia visual está a medrar considerábelmente. Se ben a maior parte dos libros de Historia que na Galiza se viñan publicando eran de texto, o certo é que nos últimos anos as fotobiografías e os libros de imaxes están a ocupar un lugar destacado.
[24/06/2009 22:14] Desde que se iniciou o Golpe militar reaccionario de xullo do 1936 houbo parte do pobo que se deu agochado para impedir represalias polo seu compromiso político, social... Grande parte destas e estes tomaron as armas en defensa da democracia; tecendo unha ampla rede de resistentes armados ou 'guerrilleiros', caso do 'Piloto', na imaxe, ou o 'Curuxás'.
Xurxo Martínez
Uxío-Breogán Diéguez
Carlos Velasco Souto
DIONÍSIO PEREIRA
XOSÉ CHAO REGO© Vieiros 2005