Vieiros Cartafol de libros
Edición xestionada por Héitor Mera
ed_nomefoto

Vieiros Cartafol de libros
desde 29/10/2004
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas sobre literatura, editoriais e librarías

 
Xoves 21 de xaneiro do 2010. Actualizado ás 16:45

k,jmlhhukl

Na memoria está a dignidade

[21/01/2010 16:45] por Héitor Mera Herbello

Carta arqueolóxica do Concello de Cerdedo
Calros Solla
Edicións Morgante, colección Cercedo in the Voyager, Cangas de Morrazo, 2010. 211 páxs., 12 €

A editorial Morgante de Cangas do Morrazo ten a ben reeditar toda a bibliografía de Calros Solla nacida dos seus moitos anos como estudoso das diferentes cuestións referidas ao Concello de Cerdedo e a súa bisbarra. Continuar


bnvhgjyu

Penélope reinterpretada

[21/01/2010 12:58] por Manuel Rodríguez Alonso

Circe ou o pracer do azul
Begoña Caamaño
Galaxia, Vigo, 2009. 309 páxs., 19 €

Malia o título, onde aparece Circe, nesta novela epistolar e psicolóxica a protagonista é Penélope, a heroína grega, reinterpetada dun xeito moi atractivo por Caamaño, que consegue, malia que o lector xa sabe cal é o desenlace desde o primeiro momento, mantelo engaiolado ata a derradeira páxina da historia. Continuar


trythgf

A novas Auria/Oria

[18/01/2010 09:18] por Manuel Rodríguez Alonso

Dime algo sucio
Diego Ameixeiras
Xerais, Vigo, 2010. 217 páxs., 15,80 €

Na narrativa galega existe un subxénero que poderiamos denominar a novela de Ourense, caracterizada pola presenza da cidade como un personaxe máis. Desde o Rexurdimento –grazas a Lamas, Pérez Placer…- e seguindo por Risco, Otero Pedrayo, Blanco Amor ou o propio Méndez Ferrín, a cidade de Ourense actúa como personaxe e ata protagonista colectivo na narración. Diego Ameixeiras nesta novela incide nesta liña, aínda que agora Ourense non sexa Oria nin Auria, senón Oregón. Continuar


wregrt645tgregfer

Novela prescindible

[21/12/2009 08:46] por Héitor Mera Herbello

O lobishome de Candeán
Paula Carballeira
Galaxia, Vigo, 2009. 130 páxs., 12,10 €

Paula Carballeira sérvese de toda a mitoloxía arredor do lobishome para tecer esta historia que vén de presentarnos na colección Costa Oeste de Galaxia. Como outros autores anteriormente, lembramos a novela de Alfredo Conde, Romasanta. Memorias incertas do home lobo que mesmo foi levada ao cine xa hai uns anos, sérvese do misterio que rodea esta figura estraña do lobishome para intentar darlle explicación a un feito como é a aparición dunha rapaza asasinada en estrañas e moi violentas circunstancias. O assainato é o motivo que nos leva a unha trama na que ao longo dos capítulos desta novela curta, centra a súa atención nos personaxes que pretenden darlle sentido a unha situación nova e indesexable. Continuar


try7tuhdgf

Viaxe polos vieiros da imaxinación

[14/12/2009 17:19] por Héitor Mera Herbello

Mil cousas poden pasar (Libro I)
Jacobo Fernández Serrano
Xerais, Vigo, 2009. 217 páxs., 12,50 €

Falabamos nunha recensión anterior de tres variables que se deberían de dar nun libro concibido para lectores infantes. A saber: imaxinación, entretemento e aprendizaxe. Neste libro de Jacobo Fernández, ao seu xeito, non se dan estas tres variables, senón que ademais hai unha nova varible fundamental que é o humor, o humor en clave galega, esa retranca que sempre caracterizou a nosa maneira de ser. Poderíamos falar de outras moitas virtudes deste libro, gañador, por certo, do Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2009, mais por non abranguer máis do que toca nunha recensión coma esta, dicir que todo o que vimos de citar nestas primeiras palabras, aparecen en Mil cousas poden pasar no grao de sublime. Continuar


srdasd<

Crime sen castigo

[14/12/2009 17:13] por Manuel Rodríguez Alonso

Mercurio
Emilio Alonso
Xerais, Vigo, 2009. 104 páxs., 15,80 €

Emilio Alonso, na súa primeira novela, dentro do xénero policial, ou aínda mellor da novela negra, presenta un crime que non acaba sendo castigado, pois o asasinado era un impresentable que, segundo a frase con que remata este relato, pertencía ao grupo dos "mortos que están moi ben matados". Continuar


o9pdre676

Na procura das orixes

[11/12/2009 14:46] por Manuel Rodríguez Alonso

Sete palabras
Suso de Toro
Xerais, Vigo, 2009. 317 páxs., 19 €

Nesta nova entrega de Suso de Toro un narrador autorreflexivo en segunda persoa que se identifica co propio novelista realiza a reconstrución das orixes paternas da súa familia a partir das investigación sobre a vida do avó abandonado no hospicio de Zamora, sen ningún dato sobre a identidade do seu pai e da súa nai. Se as orixes do avó están na néboa, tamén a súa vida posterior á voda transita polo misterio, pois decide marchar para América, para gañar un cartos como emigrante, e nunca máis se sabe del.
A novela, nesta reconstrución histórica, combina a historiografía (a través de fontes tradicionais e escritas, mais tamén por medio da historia oral de posibles testemuñas dos feitos) coa imaxinación propia da ficción, pois a imaxinación deste narrador autorreflexivo, cando non hai datos ou a partir de datos moi cativos, elabora posibles vidas deste avó descoñecido. Continuar


swdfsdf

Un atasco entretido

[30/04/2009 10:49] por Manuel Rodríguez Alonso

Peaxes
Santiago Lopo
Xerais, Vigo, 2009. 91 páxs., 15,80 €

Todos nós pasamos algunha vez polas peaxes das autoestradas. Oír peaxe é sinónimo de atranco, aburrimento, fastío… Non obstante, despois de lermos esta novela curta de Santiago Lope, estas connotacións negativas da peaxe cambiarán sen dúbida ningunha. Continuar




Noticias anteriores

 
EN VIEIROS
O Sergas defende o gasto de 650.000 euros en licenzas de Microsoft
Medio Ambiente descarta a incineración para a "segunda Sogama" do sur
Política Lingüística avoga por converter a Xunta nun "axente galeguizador"
Irlanda do Norte decide a composición do seu parlamento
Lalín valora un proxecto para levar internet, telefonía e televisión ao rural
Estamos en obras, desculpen as molestias
Líder curdo á cadea por "respectar" a Ocalan
Hamás promete a fin da violencia se Israel evita o boicot internacional ao novo goberno palestino
Protección Civil activa a alerta vermella nas costas norte e noroeste do país
Homenaxe blogueira a Carlos Casares o 9 de marzo
Unha lei francesa pretende castigar os que difundan vídeos violentos sen ser xornalistas
O Entroido tamén chegou a Terra Santa
Feminino plural, todas as mulleres á escena
Tosar e Piti Sanz presentan o seu grupo en Vigo
A explotación das mulleres do téxtil, na Mariña
Tan só un de cada cinco colexios públicos do país ten nome de muller
Tres culturas unidas pola poesía
O Bloque afirma que os populares amparan o "terrorismo urbanístico"
Xosé Luís Vázquez Somoza leva o Ánxel Fole de narrativa
A clase política homenaxea a Anxo Guerreiro o 14 de abril en Compostela
Todos os colexios galegos a xogar á billarda
Vicepresidencia organiza un programa de concertos para promover a música clásica do país
Seminario de arquitectura sustentábel en Compostela

© Vieiros