Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Verdegaia organiza senllas proxeccións de “O salario do silencio” en Santiago e Vigo

Verdegaia-Compostela e Verdegaia-Vigo convídante á proxección do documental "O salario do silencio", sobre a planta regasificadora que REGANOSA construiu na ría de Ferrol. Serán, respectivamente, no local da Gentalha do Pichel en Compostela (rúa Santa Clara, 21) o mércores 4 de xullo ás 20:30 h, e no Centro Cívico do Casco Vello en Vigo (rúa Oliva nº 12) o xoves 5 de xullo ás 19:30. Logo de cada unha das proxeccións, haberá unha mesa redonda coa presenza do directore, Enrique Banet, da produtora executiva, a actriz Mabel Ribera, e dun representante do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol.

Enviada por verdegaia verdegaia o 03/07/2007 19:44

"O salario do silencio" é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da ría ferrolá, na parroquia de Meá (Mugardos). Quere axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente a toda a cidadanía, á que nunca se lle consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu contorno e, sobre todo, a súa seguridade.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: