Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Marcha ecoloxista contra a mina de andalucita

A empresa anglo-sudafricana "Picobello Andalucita" solicitou permiso para explotar unha mina en terreos a carón do Parque Natural das Fragas do Eume.
Diversos colectivos opóñense a este proxecto que poñería en perigo o mesmo parque e o nacemento do río Belelle.

Enviada por Kropotkin Kropotkin o 05/07/2007 14:15

O día 15 de xullo organízase un roteiro pola zona na que se ubicaría a mina, un lugar de incalculábel valor ecolóxico.

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), Lapis Verdes, Fusquenlla, Plataforma Ártabra 21 e Club Montaña Ferrol, así como veciños da parroquia de Goente, presentaron alegacións ao proxecto de explotación do xacemento de andalucita nas Pontes. Cabe recordar que, con anterioridade, a empresa promotora xa presentara un proxecto que foi rexeitado por estar situado dentro do Parque Natural das Fragas do Eume.

Na nova proposta queda excluída a superficie afecta a esta, deixando unha franxa de amortiguamiento de impacto de 50 metros de ancho.

As entidades que presentaron alegacións basean estas, entre outros aspectos, no feito de que, desde o punto de vista dos hábitats existentes, a zona do xacemento "está constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico, algunha catalogadas como vulnerables pola Directiva Habitat". A franxa de 50 metros xa especificada "non é suficiente", aseguran, para librar ao parque de problemas relacionados coa contaminación da mina, sobre todo de tipo acústica e atmosférica. Estiman que a instalación do vertedoiro suporá "unha grave contaminación" das augas do afluente do río Maciñeira e que o argumento económico non xustifica os efectos.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Marcha ecoloxista contra a mina de andalucita