Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Greenpeace presenta "O túnel do tempo" na Coruña

Podes imaxinar como será o 2050? gustaríache saber cómo sería o futuro? queres viaxar ao 2050? gustaríache saber cómo sería o futuro dependendo das decisións que tomes neste momento? Agora con Greenpeace podes facelo.

A Coruña, 29 e 30 de xuño e 1 de xullo. Mañás de 11:30h a 14h e tarde de 16:30h a 20:30h (o último día ás 18:30h). Xardíns de Méndez Nuñez.

Enviada por Birnarem Birnarem o 29/06/2007 10:10

A organización ecoloxista Greenpeace presenta o “Túnel do tempo”, unha instalación de paneis e xogos co que pretende sensibilizar aos cidadáns sobre as consecuencias do cambio climático no planeta se non se aposta polas enerxías renovables.

O túnel do tempo é unha actividade de sensibilización e participación, dirixida a adultos e nenos, que poderán introducirse nel e facer un percorrido optando entre dúas direccións; dependendo de cal elixan, terminarán nun mundo de enerxías renovables ou nun mundo arrasado polo cambio climático. Desde que comezou a súa viaxe itinerante por todo o país, máis de 3.600 persoas xa o visitaron en Madrid, Pamplona, Zaragoza, Sevilla, Huelva, Cáceres, Córdoba, Granada, ...

Greenpeace quere amosar así que é posible evitar os efectos máis prexudiciais do cambio climático se optamos hoxe, entre outras medidas, por un futuro de enerxía 100% renovable.

Viaxa ao 2050 co túnel do tempo


Documentos

3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Greenpeace presenta "O túnel do tempo" na Coruña