Microsoft está intentando actualmente facer crer aos organismos ISO que o seu formato aberto de Office XML (OOXML) é un bo estándar.
No sitio NO-OOXML (http://www.noooxml.org/) discútese porqué este estándar propietario roto non debe ser nunca aceptado por ISO. Unha decisión será adoptada por cada país durante as vacacións de xullo ou agosto.
É URXENTE ENTRAR EN CONTACTO CO CORPO DE ESTANDARDIZACIÓN DE CADA PAÍS E EXPLICARLLES PORQUÉ OOXML ESTÁ CREBADO; ENVIAR UNHA CARTA AO CORPO DE ESTANDARDIZACIÓN ESPAÑOL É MÁIS IMPORTANTE QUE ASINAR ESTA PETICIÓN (http://www.noooxml.org/petition-gal).
Razóns non faltan...
Estas son algunhas razóns para facelo:
1.- Xa hai un estándar, ISO 26300, chamado Open Document Format (ODF): un dobre estándar suporá incerteza, confusión e un custo engadido para a industria, gobernos e cidadáns;
2.- Non hai ningunha implementación de referencia da especificación de OOXML: Microsoft Office 2007 produce unha versión especial de OOXML que non cumpre coa especificación de OOXML proposta en ISO;
3.- No documento de especificación falta información como, por exemplo, como implementar un "autoSpaceLikeWord95" ou un "useWord97LineBreakRules";
4.- Máis do 10% dos exemplos da sua especificación non validan a conformidade con XML;
5.- Non existe garantía algunha para que calquera poida implementar parcial ou totalmente a especificación de OOXML sen arriscarse a que Microsoft lle esixa danos e prexuízos por infracción de patentes ou o pago de licenzas de patentes;
6.- Esta proposta de estándar entra en conflito con outros estándares ISO, como ISO 8601 (representación de datas e tempos), ISO 639 (códigos de representación de nome e idiomas) ou ISO/IEC 10118-3 (funcións hash de criptografía);
7.- Hai un erro na especificación do ficheiro de formatos de folla de cálculo que impide introducir calquera data previa ao ano 1900. Isto é un erro que se arrastra desde as obsoletas versións de 16bits da aplicación MS-Office;
8.- Esta proposta de estándar non foi creada axuntando a experiencia e mellores prácticas de todas as partes interesadas ( produtores, distribuidores, consumidores, usuarios e reguladores), senón por Microsoft en solitario.
ASINA AQUI: http://www.noooxml.org/petition-gal