Debido á recente comunicación, en rolda de prensa, por parte Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria dunha suba no prezo das Taxas Académicas das Univerisdades de SUG queremos manifestar a nosa total oposición a este incremento desproporcionado e inxusto que supon máis un obstáculo para o acceso universal á educación superior. As Taxas subiran 4 puntos con respecto ao ano pasado na primeira matrícula, e sobre esta a segunda un 15% a terceira un 35% e da cuarta para diante un 50%.
Debido á recente comunicación en rolda de prensa da Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria da suba do prezo das Taxas Académicas das Univerisdades de SUG queremos manifestar a nosa total oposición a este incremento desproporcionado e inxusto que supon máis un obstáculo para o acceso universal á educación superior.
1.Porque supón unha suba excesiva, por riba do IPC 1,6 pontos.
2.Porque leva seis anos subindo por riba do IPC.
3.Porque non temos o control sobre as bolsas que eximen de pagar estas taxas.
4.Porque pagamos máis taxas por menos e peores servizos.
5.Porque é mentira que estas subidas non se noten.
6.Porque por primeira ver a segunda matrícula e un 15 % máis que a primeira e a terceira un 35% mais cara que a primeira.
7.Porque o Estado fixa o incremento mínimo no IPC estatal.
8.Porque o financiamento das universidades ten que incrementarse con cargo a un Plano de Financiamento e non aos prezos públicos.
1. PORQUE SUPÓN UNHA SUBA EXCESIVA, POR RIBA DO IPC 1,6 PUNTOS
O abano que se tiña ía desde o IPC estatal desde o 30/04/06 até 30/04/07 (2,4%) até catro puntos por riba dese IPC, mais o IPC Galego ascende este ano a un 2% portanto estanse incrementando os prezos públicos o duplo que o IPC na Galiza.
2. PORQUE LEVA SEIS ANOS SUBINDO POR RIBA DO IPC
O goberno do PP na Xunta de Galiza tirouse toda a lexislatura pasada subindo as taxas por riba do IPC coa excusa de que a nosa Comunidade Autónoma tiña unhas das máis baixas do estado, sen querer fixarse en que tamén as rendas galegas son das máis baixas. Portanto non atopamos diferenzas entre a política de taxas do PP e a do PSOE chegando incluso a superar este ano os ritmos de crecemento máis exaxerados da etapa anterior.
3. PORQUE NON TEMOS O CONTROL SOBRE AS BOLSAS QUE EXIMEN DE PAGAR ESTAS TAXAS
Só as bolsas do MEC eximen do pago das taxas logo non ten sentido xustificar unha suba tan brutal dos prezos públicos en base a un aumento das bolsas, afirmación que tamén é falsa xa que non é a mesma Administración a que sube as taxas que a que xestiona as bolsas. É absolutamente regresivo subir as taxas por riba do IPC se non podes xestionar a política de bolsas.
4. PORQUE PAGAMOS MÁIS TAXAS POR MENOS E PEORES SERVIZOS
Recente temos todos o desmantelamento do Sistema Universitario de Residencias da USC coa supresión de 380 prazas de residencias, a externalización de todos os servizos de comedores, reprografias e incluso aulas de internet. Temos unha Universidade cada vez máis cara e con menos e peores servizos.
5. PORQUE É MENTIRA QUE ESTAS SUBIDAS NON SE NOTEN
Sempre nos venden que unha suba progresiva coma esta, sen grandes saltos (segundo o criterio de quen o mire) non se notan, pois ben, é rotundamente falso tamén, só nunha xeración de licenciados (5 anos) a diferencia entre a primeira matrícula dun estudante que comezou hai cinco anos e a dun que comece agora é de máis de 120 (crédito non experimental, é dicir, o máis barato).
6. PORQUE DESTA VOLTA A SEGUNDA MATRÍCULA É UN 15% MÁIS CARA QUE A PRIMEIRA E A TERCEIRA UN 35
É terribelmente abusivo grabarlle a unha persoa por segunda matrícula, calquera pode ter un mal ano o atragantárselle unha materia sen necesidade de que a universidade se lucre á súa costa, é a primeira vez que se fai isto, e é tremendamente regresivo e inxusto.
Tamén pasa dun 25 a un 35 % a terceira matrícula, que aínda podendo entender que poida ser un pouco máis cara é incomprensíbel un aumento tan desproporcionado.
Incualificábel resulta que quen se matricule dunha materia máis de 3 veces teña que pagar un 50% máis por crédito, en ningunha Comunidade Autónoma pasou isto no curso 2006-2007.
7. PORQUE O ESTADO FIXA O INCREMENTO MÍNIMO NO IPC ESTATAL
Tampouco entendemos que o estado poña límites por baixo ás Comunidades Autónomas, evitando que poidan exercer unha mínima política de taxas o baremo estabelecido non permite que ningunha Comunidade Autónoma poida corrixir aumentos excesivos das taxas en base a unha conxelación da súa suba.
8. PORQUE O FINANCIAMENTO DAS UNIVERSIDADES TEN QUE INCREMENTARSE CON CARGO A UN PLANO DE FINANCIAMENTO E NON AOS PREZOS PÚBLICOS
Non é comprensíbel que dous anos despois do acceso do PSOE a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria non se tivera reformulado o Plano de Financiamento das Universidades do SUG, ao que por certo se opuxeron no seu día e o único que se lles ocorre para aumentar os recurso das Universidades é subir o prezo que pagamos por elas.