Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
58 ANOS COA CULTURA GALEGA

Editorial Galaxia recibirá a Medalla de Ouro de Galicia

O Consello da Xunta aprobou concederlle á editora dirixida por Víctor Freixanes o galardón pola súa contribución á defensa do país.

Redacción - 19:30 03/07/2008

O Goberno aprobou concederlle a Medalla de Ouro de Galicia á Editorial Galaxia pola súa contribución á cultura galega e á defensa dos intereses do país. A distinción entregaráselle o 25 de xullo, xusto o día en que se cumprirán 58 anos da súa fundación.

Galaxia naceu no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, baixo a presidencia de Ramón Otero Pedrayo e coa presenza de insignes galeguistas. A editorial, comprometida dende o primeiro momento coa recuperación da lingua e da cultura galegas durante a ditadura franquista, tivo como orientadores a Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Xaime Illa Couto.

O primeiro libro publicado por Galaxia foi en 1951: Atífona da cantiga, de Ramón Cabanillas. Ese mesmo ano comezou a editar a revista cultural Cadernos Grial, que foi prohibida e non volveu saír do prelo até 1963. Tamén impulsou a creación de fundacións como a Penzol, a Otero Pedrayo ou a Illa Couto, e publicacións como a Revista de Economía de Galicia, entre 1958 e 1968.

A editorial tivo un xiro de modernización e actualización en 1985, coa chegada á dirección de Carlos Casares, que diversificou as súas publicacións. Na actualidade, Galaxia conta con case 2.500 títulos editados e un catálogo vivio de arredor de mil obras. Desde o ano 2000 tamén promoveu as traducións a outras linguas, con xa máis de 130 exemplares. Despois do pasamento de Carlos Casares, en 2002, a Editorial Galaxia ten como director a Víctor Fernández Freixanes.


4,5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: