Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DICIONARIO ENCICLOPÉDICO GALEGO

Galaxia, Cumio e Ediciós do Castro únense na publicación da 'Diciopedia'

As editoriais Galaxia, Edicións do Cumio e Ediciós do Castro uníronse no ambicioso proxecto da Diciopedia do século 21, un dicionario enciclopédico en galego que consta de tres tomos, con 2.600 páxinas e 125.000 entradas. Os responsábeis das tres editoriais, Víctor Freixanes, Antonio Mascato e Isaac Díaz Pardo, foron os encargados de presentar a nova obra, que nace despois de catro anos de traballo conxunto. A publicación aspira a estar en todas as bibliotecas e centros de ensino de Galiza, sen esquecer os andeis dos fogares. Sairán á venda catro mil exemplares ao prezo de 290 euros e cunha medalla conmemorativa deseñada por Díaz Pardo como agasallo.

- 12:26 22/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: