Con ocasión do cincuenta aniversario da súa fundación, Editorial Galaxia ofrece unha exposición itinerante que percorrerá Galicia enteira. Despois de pasar por Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo inaugúrase a exposición co título 'Editorial Galaxia 1950-2000. Palabras para un país' o día 9 de xaneiro, ás 20 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Interveñen Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura; X. M. Rivera Otero, vicerrector da Universidade de Santiago; Xosé Sánchez Bugallo; Xaime Isla Couto, presidente de Editorial Galaxia, e Carlos Casares, director de Editorial Galaxia. Máis información en Vieiros Santiago.
.