Dobre presentación de Memoria, a nova colección da editorial Galaxia. A Casa da Cultura de Vigo acolle unha exposición que ilustra o primeiro dos títulos: Cartas ao meu amigo, que recolle a relación epistolar entre Álvaro Cunqueiro e Francisco Fernández del Riego entre 1949 e 1961. O segundo volume da colección De min para vós, é unha autobiografía de Marino Dónega escrita tamén utilizando o xénero epistolar. Este último libro será presentando ás oito desta tarde na Coruña.
Cartas ao meu amigo recolle a correspondencia entre os dous escritores desde o momento no que Cunqueiro regresou a Mondoñedo desde Madrid e comezou a escrita de Merlín e Familia, As Crónicas do Sochantre e Dona do Corpo Delgado, entre outros libros fundamentais da literatura galega.
Na mostra inaugurada na Casa da Cultura de Vigo, nos locais da Fundación Penzol, pódense contemplar agúns dos orixinais das cartas e 11 paneis que contextualizan a relación entre Cunqueiro e del Riego na década dos cincuenta. Entre outras curiosidades, a mostra conta coas máquinas de escribir que utilizaban os dous escritores naquela época.
Ao acto de presención do libro de Marino Dónega asistirán o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro; Andrés Torres Queiruga, que escribiu o limiar; Fernando Dónega e o director de Galaxia, Víctor Freixanes.