Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galaxia: 50 anos facendo 'Palabras para un país'

Hoxe inaugúrase ás 13 horas na Casa das Artes de Vigo a exposición 'Editorial Galaxia 1950-2000. Palabras para un país'. Esta mostra itinerante percorrerá Galicia enteira e tamén chegará a Barcelona e Madrid para conmemorar o cincuenta aniversario da fundación desta histórica editorial. Logo deste medio século de actividade que nos agasallou con máis de 1.700 libros publicados, Galaxia segue sendo unha editorial independente, de capital exclusivamente galego e comprometida cos valores do galeguismo. Na exposición poderanse ver todo tipo de documentos relacionados co pasado e presente da editorial, que permiten tamén botar unha ollada á evolución da cultura e sociedade galegas ao longo de cincuenta anos. Atópanse tanto fotografías históricas e actuais como cartas, informes de censura, carteis ou portadas de libros que recrean visualmente toda unha época.

- 07:38 13/09/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: