Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galaxia publica as obras completas de Castelao

Galaxia vén de sacar do prelo os oito tomos da colección completa das 'Obras de Castelao' nunha edición crítica elaborada por un equipo de especialistas. Agora que remata o 2000, ano do cincuentenario da morte deste galeguista e tamén da fundación da propia editorial, publícanse seis tomos coa súa obra (Obra literaria, Sempre en Galiza, escritos políticos, oratoria, Diario 1921. Escritos sobre arte e Epistolario) e dous titulados 'Para ler a Castelao' (unha cronoloxía con entrevistas e bibliografía e unha biografía ademais de estudios sobre a obra escrita), con comentarios e suplementos. Xúntase así, por primeira vez, a obra escrita de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao nunha edición crítica. Na web de Galaxia poden atopar máis información sobre estes libros, xunto cunha entrevista co coordinador dos traballos, Henrique Monteagudo.

- 10:08 28/12/2000
Tags:

.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: