A Fundación Caixa Galicia, na rúa do Vilar, foi a sede da presentación do número 164 da revista Grial que leva o título A España posible. Ademais desta publicación trimestral a editorial viguesa lanzou tamén un novo exemplar dos Cadernos Grial e o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.
Teresa Porto por parte de Caixa Galicia e Víctor Freixanes representando a editora que dirixe foron os mestres da cerimonia, os que lles deron paso os coordinadores dos tres explares de Grial presentados: Enrique Monteagudo e Ramón Villares (A España posible), Rosa Aneiros e Carlos Negro (Cadernos Grial: Galeusca) e Dolores Vilavedra, encargada do anuario Grial.
Na presentación Víctor Freixanes fixo o anuncio da próxima presentación dun novo Caderno Grial, desta volta dedicado ao ex-director de Galaxia Carlos Casares, e a elaboración dun Anuario Grial de Economía e Sociedade de Galiza.