PSdeG e BNG denuncian que o PP "truca" o urbanismo. O conselleiro de Política Territorial di estar satisfeito co balance da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
O predecesor de Feijoo considera que hai unha volta ao pasado e censurou a cobertura legal de actuacións urbanísticas irregulares.
O PP di que a lei dos 500 metros non serviu de nada. PSdeG e BNG vena máis necesaria ca nunca e tamén acusan a Xunta de desmantelar a Axencia de Protección Urbanística.
Piñeiro Hermida (PSdeG) está acusado dun suposto delito de prevaricación na concesión dunha licenza para a construción dunha nave utilizada como serradoiro.
Apoiará a denuncia da Fiscalía contra o concello, recorrerá o convenio aprobado pola Xunta e denunciará o Goberno se retira os contenciosos.
O Executivo “prepara o control político” da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística e “despreza” o seu labor, din.
Fronte aos 6.242 permisos que se concederon en 2008, o ano pasado os consistorios só autorizaron 3.023 novos inmóbeis.
Os ecoloxistas ven prioritario o mantemento da moratoria urbanística para desactivar a probábel presión das construtoras antes de que o Plan de Ordenación do Litoral entre en vigor.
A deputada Marisol Soneira lembra que a normativa ábrelle a porta a usos como o da construción inmobiliaria.
A partir dunha imaxe tirada por Xoán Piñón, o profesor Xosé Lois Martínez reflexiona sobre a destrución do patrimonio arquitectónico.
Carlos Silva (PP), de volta no poder mais como concelleiro de Economía, é acusado de minusvalorar un terreo municipal e e sobrevalorar un particular para lograr unha permuta.
Até dezasete espazos protexidos en perigo cita Greenpeace na edición 2009 do seu informe para Galiza, entre outros, a volta da ameaza sobre Touriñán.
A mobilización dos veciños contra a moción non parece ir mudar o pacto de PP e PSOE. Atrás, gorentosos intereses económicos.
Concelleiros do PPdeG, PSdeG e Move Gondomar non ocultan que un dos motivos principais da iniciativa é retomar o PXOM suspendido pola Xunta.
O departamento de Agustín Hernández admite a necesidade dun modelo de crecemento urbano "equilibrado e sustentábel".
A plataforma 'Outro Vigo é posible' organiza distintas iniciativas artísticas para concienciar á poboación, así como unha recollida de sinaturas.
A Federación Ecoloxista de Galicia chama a impulsar un proxecto "ambicioso" de xestión integral do litoral, cun plan de ordenamento.
O Concello de Teo denuncia que o ex alcalde do PP aceptou como garantía polos gastos dunha urbanización un aval que non está constituído.
O presidente dos empresarios pediulle que "estude" as actuais normas que, recordou, causaron malestar entre os construtores.
Admitiu a trámite as denuncias presentadas pola Fundación Xermán Estévez contra autorización dunha presa no medio da Rede Natura 2000, nos canóns do Sil.