Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN 2009

As licenzas municipais para a construción de vivenda reducíronse máis dun 50%

Fronte aos 6.242 permisos que se concederon en 2008, o ano pasado os consistorios só autorizaron 3.023 novos inmóbeis.

Redacción - 12:28 31/03/2010

A crise económica está a notarse, e moito, na edificación de novas vivendas. Segundo datos oficiais do Instituto Galego de Estatística (IGE), en 2009 os concellos do país concederon 3.023 licenzas para a construción de novos inmóbeis, fronte aos 6.242 permisos que aprobaran un ano antes. Os consistorios autorizaron a rehabilitación de 1.565 edificios e de 959 vivendas unifamiliares. En 2008, este tipo de permisos ascenderan, segundo o IGE, a 1.786 e 1.277.

Os ingresos por licenzas urbanísticas e polo Imposto de Bens e Inmóbeis son unha importante fonte para uns concellos que recoñecen que a crise inmobiliaria está a reducir as súas capacidades orzamentarias. A caída inmobiliaria afecta especialmente aos consistorios máis urbanizados e costeiros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: