Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Denuncia do BNG local

Sae á luz outro apaño urbanístico do ex alcalde de Gondomar

Carlos Silva (PP), de volta no poder mais como concelleiro de Economía, é acusado de minusvalorar un terreo municipal e e sobrevalorar un particular para lograr unha permuta.

Redacción - 11:45 20/07/2009

"O goberno de Silva valorou a parcela municipal de 10.725 metros cadrados en 900 mil euros e a parcela particular de 1.450 metros cadrados en 574.997, non obstante o perito xudicial estableceu para o terreo municipal un valor de 1.422.225 euros e para o particular 418.116 euros", explican desde o BNG de Gondomar.

Baséanse os nacionalistas nunha sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), e opinan que este documento "firme" do tribunal "acredita integramente" as acusacións verquidas por este grupo municipal para opoñerse a este "novo escándalo urbanístico do PP".

O ex alcalde Carlos Silva (PP), logo da recente moción de censura outra vez de volta no poder no posto de concelleiro de Economía e Facenda, é acusado por isto de "sobrevalorar" unha parcela particular e "menosvalorar" outra municipal para "permitir a permuta" e, desta forma, "burlar" o tope do 40% de diferenza de valor entre ambos os dous bens. Mentres que para o goberno de Silva a diferenza era de 325 mil euros, para o perito xudicial a diferenza de valor entre ambos os dous prezos é de 1.004.000 euros.


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: