Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A XUNTA COMPRARÁ 7.100 PCs PARA AS ESCOLAS

Industria creará un sistema para medir a calidade dos accesos á rede

Galiza está dez puntos por debaixo da media estatal de conexións de banda larga. A Asociación de Enxeñeiros avaliará os avances das redes de Telefónica e R.

Redacción - 17:55 31/05/2007
A Xunta está a crear a súa propia rede Wimax no Courel

A Xunta está a crear a súa propia rede Wimax no Courel

A Xunta desenvolverá un "sistema de medición automatizada para a comprobación da calidade do servizo prestado polas distintas operadoras". Farao a través dun convenio coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), que foi aprobado hoxe polo Consello do Goberno.

A AETG tamén examinará os accesos a internet de alta velocidade que están a montar os operadores R e Telefónica. Os enxeñeiros asesorarán a Consellaría de Industria na extensión da banda larga. Cómpre lembrar que Galiza segue na cola neste tipo de conexións, pois unicamente o 21% dos fogares contan con este servizo, cando no Estado a porcentaxe supera o 32%.

A cambio destes traballos, que xa comezaron o ano pasado, a AETG recibirá máis de 215.000 euros.

Novos computadores para o ensino
No mesmo Consello da Xunta anunciouse que as escolas do país contarán con 7.143 computadores. Educación investirá 7,5 millóns de euros en adquirilos, a través dun concurso que será publicado no DOG proximamente. A Xunta especifica que "as empresas licitadoras poidan presentar as súas mellores propostas deberán ter en conta os acordos alcanzados polo Ministerio de Educación e Ciencia , Red.es e a Xunta de Galicia no referente ás licenzas de software".

Por último o Goberno anunciou que seguirá a mellorar a velocidade de acceso á internet dos centros educativos e formando aos mestres en novas tecnoloxías.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: