Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ANÁLISE DO GRAO DE CUMPRIMENTO

Plan de seguemento do despregue da banda larga

Contámoslles máis dunha vez dos défices de acceso á banda larga en Galiza e o lento acceso aos cidadáns ás conexións de alta velocidade para internet, cos reiterados incumprimentos nos prazos e as promesas para a súa extensión a toda a xeografía galega. A consellaría de Innovación e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións, AETG asinaron este venres un acordo polo que esta última institución se encargará da análise do cumprimento de prazos, tecnoloxías empregadas e défices de infraestruturas observados.

- 12:47 21/04/2006
Tags:

Con tal fin van elaborar unha aplicación informática para o seguemento estreito da situación, e realizarase un informe trimestral sobre a necesidade de modificar os plans sobre a marcha.

O acordo asinado entre a consellaría e a AETG recolle especificamente que cada unha desas actuacións que se defina haberá de concretarse en convenios específicos "nos que se definirán as tarefas a levar a cabo, os seus prazos de execución, para permitir un seguimento puntual das mesmas, e a contía que se orzamente para cada unha delas".


0/5 (0 votos)