Poden presumir de ser a empresa estatal de cabo mellor valorada polos usuarios, segundo o último estudo da Organización de Consumidores e Usuarios, e de ser escollida coma unha das 25 mellores empresas do Estado para traballar, atendendo á valoración dos seus propios empregados. Agora e para antes do verán traen unha boa nova para os seus clientes: desde o próximo verán as súas conexións permitiranlles navegar ao dobre da velocidade actual. Este xoves presentaron o seu acordo con T-Systems para o reforzo da súa infraestrutura tecnolóxica, que lle permite á operadora galega seguir dispoñendo de saídas directas á internet internacional sen pasar por intermediarios. R suma xa 184 mil clientes en Galiza, entre empresas e particulares e catro de cada dez fogares galegos con internet están conectados a través da súa rede de fibra óptica.