Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS PREZOS MÁIS ALTOS DE EUROPA, NO ESTADO ESPAÑOL

As estreitezas da banda larga

Segundo os datos de un informe que publica a ONU, o estado español é o membro da Unión Europea onde máis caro lle resulta a unha familia o acceso á banda larga. Se en Francia ou Italia pagar unha conexión de banda larga supón o 0,01 por cento dos ingresos mensais dunha familia, e en Potugal ou Grecia pagan unha media do 0,08, o estado español acada o 0,27 por cento do que entra no fogar cada mes.

- 11:17 10/07/2006
Tags:

Unha conexión de vinte horas en custa no estado español unha media de 31,72 dólares, unha dcifra que case chega á media mundial de 32,67 dólares pola mesma conexión. Pola contra, en Alemaña esas vinte horas fican nos 7,4 dólares; en Holanda, 12,37; en Francia, 12,43; en Austria, 15,52; en Grecia, 16,35; en Suecia, 19,23; en Finlandia, 22,25; en Dinamarca, 23,18; en Italia, 24,8; no Reino Unido, 27,25; en Luxemburgo, 27,35 e en Irlanda, 31,06 dólares.

Ademais, só un 11,7% dos cidadáns españois están conectados a internet por banda larga, unha cifra que en Galiza descende ate o 9%, segundo a Organización para a Cooperación Económica e o Desenvolvemento (OCDE).

Diversos organismos internacionais, como a Conferencia da ONU para o Comercio e o Desenvoltemento (UNCTAD) e a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), foron os encargados de elagorar on informe que presentou a ONU e que denominan 'Índice de Oportunidade Dixital'. Este traballo analiza, por países, as facilidades ou dificultades do acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no mundo. Elaboran un índice que vai do 0 (acceso nulo a calquera servizo de telecomunicacións) ao 1 (todas as facilidades para entrar en contacto coas TIC). Neste apartado global España aparece xa mellor situada, sobre todo tendo en conta a evolución dos datos de acceso nos últimos anos. De un índice de un 0,47 hai cinco anos a acadar o 0,61 actual produciuse unha mellora do 29%, que fai que fora un dos 15 países do mundo nos que máis mellorou a situación con respecto ao acceso á tecnoloxía.

Anteriores:

  • O país da banda larga é Islandia
  • Plan de seguemento do despregue da banda larga


  • 0/5 (0 votos)