Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: tratado-de-lisboa

O Tratado de Lisboa entra en vigor este martes malia ser rexeitado por varios Estados membros en referendo
1/Decembro/2009 /

O Tratado de Lisboa entra en vigor este martes malia ser rexeitado por varios Estados membros en referendo

O principal cambio que introduce a norma, ratificada finalmente polos 27, afecta a toma de decisións da UE.


O grupo Verdes-ALE di que a UE "toca fondo" coa elección de Van Rompuy e Ashton
20/Novembro/2009 /

O grupo Verdes-ALE di que a UE "toca fondo" coa elección de Van Rompuy e Ashton

"Os dirixentes europeos teñen exactamente o que querían: alguén que non lles faga sombra", afirman.


Os líderes da UE intentan decidir as novas 'caras' de Europa
19/Novembro/2009 /

Os líderes da UE intentan decidir as novas 'caras' de Europa

A cimeira deberá pór rostro aos dous cargos de alto nivel que crea o Tratado de Lisboa, que entrará en vigor o 1 de Nadal.


3/Novembro/2009 /

A reforma da Unión Europea supera o último atranco

O Tribunal Constitucional da República Checa ditaminou que o Tratado de Lisboa é compatíbel coa súa Constitución.


10/Outubro/2009 /

Polonia ratifica este sábado o Tratado de Lisboa

O presidente polaco, Lech KaczyƄski, asegurara que só o faría se Irlanda lle daba o "si" nun referendo, o que xa aconteceu.


13/Outubro/2009 /

Barroso ve enganoso que se fale dun "presidente de Europa"

O presidente da Comisión Europea advirte da errada terminoloxía e subliña que o cargo previsto é o de "presidente do Consello de Europa".


3/Outubro/2009 /

Desta volta os irlandeses dixeron "si" ao Tratado de Lisboa

A cidadanía aceptou agora o que rexeitara nas urnas en 2008. O resultado final: 67,1% para o "si" e 32,9% para o "non".


"O único traballo que salva (o Tratado de) Lisboa é o de Brian Cowen", di a propaganda a prol do 'Non'
2/Outubro/2009 /

Irlanda decide en referendo, outra vez, se acepta o Tratado de Lisboa

A deste venres é a segunda votación dos habitantes da illa en menos de ano e medio.


7/Agosto/2009 /

Privilexio mediático para o "si" no novo euro-referendo irlandés?

Desta volta non se obrigará os media a outorgarlle igualdade de tempos ás posicións contrarias ao Tratado de Lisboa.


9/Xullo/2009 /

Irlanda decidirá se aproba o Tratado de Lisboa o vindeiro 2 de outubro

No marco da xuntanza do G8, o primeiro ministro, Brian Cowen realizou o anuncio, sinalando que as garantías xurídicas da UE permitiranlle aos irlandeses aprobar o acordo.


1/Xullo/2009 /

Suecia asume a presidencia da UE

Toma o relevo da República Checa marcando como prioridades a prevención dos efectos da crise financeira e o cumprimento de Quioto.


8/Xuño/2009 /

A ampliación a 54 escanos reforzará a vitoria do PP

Do aumento de asentos para o Estado Español ao completarse a ratificación do Tratado de Lisboa beneficiaríanse o PP, con dous máis, o PSOE, cun extra, e a Coalición por Europa.


7/Maio/2009 /

A República Checa aproba o Tratado de Lisboa

No Senado, por unha maioría de 54 votos a 20, e cinco abstencións. O Tratado enfrontarase agora a última proba: o referendo en Irlanda, a desenvolver o vindeiro outono.


17/Decembro/2008 /

Libertas presentarase ás eleccións Europeas nos 27 estados membros

O grupo anti-tratado convírtese en partido politico paneuropeo coa intención de converter as eleccións europeas do próximo xuño nun referendo sobre o Tratado de Lisboa.


Brian Cowen
12/Decembro/2008 /

Ou 'Si' ou 'Si': Irlanda volverá votar en referendo o Tratado de Lisboa

O goberno consegue en troques que cada país conserve un comisario nos futuros executivos comunitarios, en contra do estabelecido.


22/Xullo/2008 /

Sarkozy non forzará un segundo referendo en Irlanda

O presidente francés visita a república para debater o futuro do tratado de Lisboa.


1/Xullo/2008 /

A presidencia francesa da UE comeza con fenda aberta en Polonia

Lech Kaczynski, presidente polaco, afirmou que non asinará o Tratado de Lisboa, malia que o Parlamento polaco o ratificase.


13/Xuño/2008 /

Os primeiros avances prognostican a vitoria do "non" en Irlanda

Observadores de varios partidos confirman que o reconto avanza con maioría do "non" entre os irlandeses á reforma da Unión Europea.


13/Xuño/2008 /

Os irlandeses, sen présa

Baixa participación no referendo para ratificar o Tratado de Lisboa.


28/Abril/2008 /

Ahern agoira "desastre" se os irlandeses rexeitan o tratado europeo

Mentres a maioría de estados seguen aprobando a nova euroconstitución nos parlamentos, Irlanda mantén para xuño a cita coas urnas.