Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Partido político paneuropeo

Libertas presentarase ás eleccións Europeas nos 27 estados membros

O grupo anti-tratado convírtese en partido politico paneuropeo coa intención de converter as eleccións europeas do próximo xuño nun referendo sobre o Tratado de Lisboa.

María Golpe - 09:00 17/12/2008

O empresario irlandés Declan Ganley, líder do grupo anti-tratado Libertas, anunciaba en Bruxelas que Libertas presentará candidatos para as eleccións europeas en cada un dos 27 estados membros. A intención de Libertas é converter as eleccións europeas do próximo xuño nun "referendo" sobre o Tratado de Lisboa.

"Esta é a unha oportunidade para ter un referendo, que pode que non se repita", declarou Ganley durante a apertura da nova oficina de Libertas en Bruxelas, o mesmo día no que se anunciaba que os irlandeses terán que votar de novo sobre o futuro do tratado de Lisboa.

A lista de países nos que Libertas presentará candidatos en xuño non foi anunciada, xa que o partido aínda está a buscar candidatos e posibles alianzas. O partido conta con organizar a súa primeira conferencia oficial como partido político pan-europeo na primavera, onde se revelará o seu manifesto político. Ganley describiu Libertas como un partido "de centro" e moderado, que incluirá membros de centro-dereita e de centro-esquerda.

Ganley está actualmente involucrado nunha polémica coa canle televisiva estatal RTE e anunciaba que cabe a posibilidade de que tome accións legais contra RTE polo documental emitido no programa Prime Time, no que se analizaban os negocios de Ganley e se especulaba sobre a procedencia dos fondos que financian Libertas (Poden ver o programa sobre Ganley na rede).

Funeral polo tratado de Lisboa
Por outra banda, dous grupos anti-tratado celebraron un "funeral" polo tratado de Lisboa nas rúas de Dublín. O ‘cortexo fúnebre’, composto por membros de Peace and Neutrality Alliance (PANA) e Campaign Against the EU Constitution, os grupos organizadores, queren que a "militarización" da Unión Europea e o Tratado de Lisboa "descansen en paz".


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: