O presidente polaco, Lech Kaczyński, asegurara que só o faría se Irlanda lle daba o "si" nun referendo, o que xa aconteceu.
O goberno polaco ten previsto ratificar este sábado ao mediodía o Tratado de Lisboa. O presidente de Polonia, Lech Kaczyński, convidou os dignitarios da UE a asistiren ao acto, en Varsovia. Coa sinatura, a República e o Tribunal Constitucional checos serán os únicos obstáculos que lle quedan ao tratado para entrar en vigor.
Kaczyński cumpriu a súa palabra de que se Irlanda lle dicía "si" ao tratado nun segundo referendo, a súa decisión iría na mesma liña. Esa afirmación xa a fixera en xullo do ano pasado, despois de ter negociado e asinado o tratado no ano 2007.