Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo referendo

Irlanda decidirá se aproba o Tratado de Lisboa o vindeiro 2 de outubro

No marco da xuntanza do G8, o primeiro ministro, Brian Cowen realizou o anuncio, sinalando que as garantías xurídicas da UE permitiranlle aos irlandeses aprobar o acordo.

Redacción - 09:00 09/07/2009
O primeiro ministro irlandés, Brian Cowen

O primeiro ministro irlandés, Brian Cowen

Foi este mércores na cimeira do G8 cando o primeiro ministro irlandés, Brian Cowen, anunciaba a intención do goberno de Dublín de desenvolver de novo o referendo sobre a aprobación do Tratado de Lisboa, o día 2 de outubro deste ano.

Será o segundo referendo que se fai neste país, xa que os irlandeses e irlandesas rexeitaron a aprobación da carta, que aumenta as competencias da UE, o pasado verán. Porén, desta volta Cowen dixo estar seguro de que, coas novas garantías xurídicas que a Unión lle ofreceu a Irlanda, os cidadáns estarán preparados para superar as preocupacións amosadas en xuño de 2008, cando rexeitaron amplamente o Tratado.

Após varios meses de negociacións, o goberno irlandés conseguiu importantes concesións por parte dos seus socios na UE, especialmente na lexislación sobre dereito á vida, neutralidade militar, dereitos sociais e autonomía fiscal. Ademais, obtivo a seguridade de que Irlanda manterá o seu comisario. Cowen consiguiu tamén conseguiu que estas concesións se incluísen nun protocolo que se engadiría ao Tratado na súa vindeira ampliación, seguramente a de Croacia.

Os últimos sondeos divulgados por Irish Times apuntan que un 54% dos cidadáns está a favor do Tratado; un 28% en contra e o 18% restante amósase indeciso. A única fuerza importante que avoga polo seu rexeite é o el partido nacionalista Sinn Féin. Porén, a incerteza mantense, debido aos patentes efectos da crise económica e ao malestar da opinión pública pola política gobernamental.

Últimos pasos para aprobar o Tratado de Lisboa
O presidente da Comisión Europea, o portugués José Manuel Durão Barroso, e o presidente de quenda da UE, o primeiro ministro sueco Fredrik Reinfeldt, celebraron a noticia dada por Brian Cowen.

No caso de que Irlanda aprobe o texto en outubro, o Tratado tería que enviarse a Bruxelas, no último trámite da ratificación. Sólo quedará pendente dalgunhas modificacións exixidas polo Tribunal Constitucional de Alemaña, e das sinaturas dos presidentes de Polonia, Lech Kaczynski, e da República Checa, Václav Klaus.

O Tratado de Lisboa foi a alternativa á Constitución Europea, rexeitada por Francia e Holanda en 2005. O novo texto axiliza a toma de decisións e reforza as competencias da Unión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: