Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: centenario

Cen anos de Carvalho Calero nunha soa web
15/Maio/2010 /

Cen anos de Carvalho Calero nunha soa web

Este sábado preséntase en Compostela unha páxina informativa e conmemorativa do centenario do nacemento do histórico intelectual galeguista.


25/Xullo/2009 /

Galiza tamén tivo a súa 'Expo'

Un libro de Henrique Alvarellos e unha exposición celebran o centenario do evento, polo que pasaron máis de 50 mil visitantes en 1909.


13/Decembro/2008 /

O século de Manoel de Oliveira (e IV): acto de filmar

Derradeira entrega da análise do crítico Xurxo González sobre a obra e a figura do director, que esta quinta feira fixo cen anos.


11/Decembro/2008 /

Laxeiro, o anovador que uniu xeracións

Carlos Reigosa presenta este xoves en Vigo o seu libro de conversas co artista, 'Cen anos de Laxeiro', acompañado de Lamazares e Patiño.


12/Decembro/2008 /

O século de Manoel de Oliveira (III): filmografía de vangarda

Neste 11 de nadal, o director fai cen anos traballando na rodaxe de 'Singularidades de uma Rapariga Loura'.


10/Decembro/2008 /

O século de Manoel de Oliveira (II): vida de cinema

Xurxo González repasa nesta segunda entrega os primeiros traballos, primeiro como actor, e a partir de 1931 e até hoxe, como director.


9/Decembro/2008 /

O século de Manoel de Oliveira (I): o centenariazo!

Comezamos a publicación dunha serie de catro reportaxes sobre Manoel de Oliveira, que o xoves 11 de decembro celebra o seu aniversario.


16/Novembro/2008 /

A débeda pendente con Jenaro Marinhas

O dramaturgo, figura clave no teatro galego do século XX, foi apartado do centro do sistema pola súa militancia política e lingüística.


Benigno Andrade, 'O Foucellas'
27/Outubro/2008 /

Réquiem polo 'Foucellas'

Familia, veciños, compañeiros de loita... A 100 anos do seu nacemento falan os que mellor coñeceron a Benigno Andrade, unha persoa que morreu por defender a súa liberdade e a do seu pobo, mito vivo da Galiza combatente.


Salvador Allende
26/Xuño/2008 /

"O Chile actual perdeu toda a dignidade e os principios de Allende"

O golpe de Estado fascista do 11 de setembro de 1973 levou por diante o goberno democrático e a vida de moitas persoas comprometidas coa 'vía chilena ao socialismo'. Falamos cunha das súas vítimas, cen anos despois do natalicio de Salvador Allende.


4/Xuño/2008 /

As 54 rúas galegas chamadas 'Curros Enríquez' lerán este xoves o poeta

O convite da Fundación que leva o nome do autor coincide co día no que Curros escribiu o seu primeiro poema en galego, 'Unha noite na eira do trigo'.


18/Abril/2008 /

A homenaxe a Curros pasará por 35 concellos

As actividades arrincan o 25 de abril na Coruña coa inauguración da exposición 'Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso'.


5/Abril/2008 /

Curros regresa á Coruña

O Concello lembra o centenario do enterro do poeta cun cortexo que percorrerá a cidade a partir das cinco e media da tarde.


5/Marzo/2008 /

Cen anos sen Curros

A Fundación que leva o seu nome e a Academia Galega realizaranlle unha homenaxe no cemiterio de San Amaro, na Coruña, onde o poeta está soterrado.


23/Febreiro/2008 /

Reclaman que Laxeiro ocupe "o lugar que merece" na cultura universal

Máis de 200 intelectuais galegos xuntáronse na súa vila para facerlle unha homenaxe ao xenial pintor do Deza, que este sábado faría un cento de anos.


23/Febreiro/2008 /

Lalín lémbrase de Laxeiro cando había de cumprir 100 anos

Este sábado o Concello de Lalín recorda ao seu pintor máis internacional, e reivindícao, para "darlle pulo" á súa relevancia fóra de Galiza.


6/Febreiro/2008 /

De Lalín ao ceo

A cultura galega realizaralle unha homenaxe unánime o 23 de febreiro, no comezo dun ano dedicado ao pintor, co obxectivo de dalo a coñecer dentro e fóra do país.


29/Xaneiro/2008 /

O 2010 será o ano de Torrente en Ferrol

O Concello de Ferrol e o Coro Toxos e Froles realizaron unha ofrenda floral na tumba do escritor, no cemiterio de Serantes.


6/Xullo/2007 /

Arte, sufrimento e dólares no centenario de Frida Kahlo

Denantes de morrer aos 47 anos de idade, a pintora mexicana escribiu no seu diario: "Espero que a marcha sexa feliz e espero non volver".