Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
'MESSAGES FROM EARTH'

Os nomes de 250 mil terrícolas xa están en Marte

Unha iniciativa da Planetary Society levou ao planeta vermello un DVD a bordo da sonda Phoenix.

Redacción - 18:45 27/05/2008

Mentres a NASA celebra a aterraxe sen complicacións da nave Phoenix sobre o polo norte de Marte, 250.000 humanos poden estar satisfeitos porque os seus nomes xa se atopan na superficie marciana. Na sonda viaxou un DVD de The Planetary Society, Visions of Mars, construído en cristal de sílice para durar miles de anos.

O disco, pensado como unha mensaxe para futuros colonizadores do planeta vermello, contén palabras de visionarios como Carl Sagan ou Arthur C. Clarke, obras de Isaac Asimov e Ray Bradbury, pezas artísticas, e tamén os nomes de 250.000 persoas que puideron engadir o seu nome no disco nunha campaña posta en marcha a través da internet.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: