O domingo 12 de decembro a Lúa ocultará a Marte, un fenómeno astronómico que non ocorre dende xullo de 1989. Os tempos precisos das ocultacións axudan ó coñecemento da órbita da Lúa. Segundo unha simulación por ordenador feita por Cándido Dacosta, a ocultación comezará contra as 19:11 TU que son as 20:11 hora galega.
O día 12, e se o tempo o permite, poderemos ve-la ocultación de Marte pola Lúa. Este
fenómeno non ocorre dende xullo de 1989. Segundo unha simulación por ordenador feita por
Cándido Dacosta, a ocultación comezará contra as 19:11
TU que son as 20:11 hora galega.Máis tarde, contra as 21:28, tamén hora galega, Marte
reaparecerá por detrás do noso satélite. Aínda que a ocultación do planeta vermello
pódese ver sen instrumentos ópticos, cuns prismáticos 7 x 50 ou
10 x 50 poderemos ver tamén a Urano (a 1,4º ó nordés). Podemos atopar máis
información en IOTA e na
Tribuna de Astronomía y Universo.
Ademais, o vindeiro martes, o planeta vermello pasará só a 39' ó sur de Urano. Será
unha boa oportunidade para velos xuntos.