A Nasa vai co terceiro intento dos últimos tempos para a exploración de Marte. A sonda Mars Odyssey entra esta madrugada na órbita marciana. No 99, as dúas misións anteriores cara o planeta perdéronse e esnafráronse respectivamente coa superficie. Desta volta decidiron deixar o aparello orbitando a unha distancia prudente pero que ofreza datos que faciliten as futuras misións. Poden seguir en directo a evolución dende aquí a partir das 03.30 horas da madrugada do martes ao mércores.
.