Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Fútbol ata en Marte

Científicos do Laboratorio de Propulsión a Reacción da NASA pretenden explorar Marte sen motores nin propulsores. Farano cun balón de fútbol xigante impulsado polo aire do planeta, que pode acadar os 70 quilómetros por hora. Os expertos afirman que o balón, duns 6 metros de diámetro, pode subir costas, gabear polas dunas de area e saltar sobre as rochas. Ademais os seus 40 quilos de peso fan que gañe mobilidade, o que non ocorría con outras naves enviadas ata o de agora. O balón, chamado Tumbleweed -como as bólas de herba que rodan polo deserto- estará equipado con radares e contará cun dispositivo que permita a súa freada.

- 07:17 23/08/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: