Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Os polos e os mares de Marte

A sonda espacial da NASA Mars Global Surveyor vén de enviar unha serie de imaxes do polo sur marciano, nas que aparecen unhas curiosas estructuras. As imaxes de alta resolución tamén mostras as diferencias entre os dous polos de Marte.

- 11:21 11/03/2000
Tags:

O casquete polar setentrional ten unha superficie cuberta con buratos pero relativamente plana. O polo austral está formado por foxos máis grandes e mesetas planas. As estructuras observadas no polo sur poden estar relacionadas co dióxido de carbono conxelado nesta rexión. Así, as mesetas e elevación observadas, máis grandes ca un pobo pequeno e duns cinco metros de altura, parecen estar formadas por xeo seco (dióxido de carbono xeado). Ademais, as diferentes formas dun e doutro polo suxiren un que as dúas rexión tiveron unha historia e clima moi diferentes durante miles ou mesmo millón de anos. Segundo Peter Thomas da Universidade de Cornell,  a parte do casquete norte que permanece no verán marciano, parece estar constituído por xeo de auga. O casquete sur ten o aspecto de estar formado por dióxido de carbono, aínda que descoñecendo se pode ser unha cuberta duns metros de grosor ou de varios quilómetros. Se os científicos descubre que a meirande parte dos casquetes polares están formados por auga, xurdiría un misterio: a razón da existencia de tan pouco dióxido de carbono en Marte. Na Terra, hai moito dióxido de carbono pero a maior parte está transformado en rocha calcaria pola acción dos seres vivos mariños. Sen océanos e sen organismos vivos, a superficie de  Marte debería ter unha cantidade máis grande de dióxido de carbono.
Máis información.
Ademais un equipo de xeofísicos atopou unha nova proba, de que Marte tivo unha vez un océano importante. Os investigadores analizaron datos gravimétricos procedentes da Mars Global Surveyor. Neses datos se evidencian canais, agora invisibles, que levaron auga dende as terras altas do hemisferio sur marciano, cara o interior das terras baixas do hemisferio norte. Os investigadores afirman que será difícil proba-las súas hipóteses.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: