A nave Mars Polar Lander chega hoxe venres ás 21.15 horas ao polo Sur de Marte na procura de auga, logo dunha viaxe de 11 meses de duración. E nós poderémolo ver tranquilamente dende a casa a través de Internet. Alí comezará unha campaña de análise e toma de datos, imaxes e sons durante dous ou tres meses co obxectivo de atopar indicios de auga no subsolo e achar as claves do sistema climático deste planeta. Tal e como anunciabamos hai uns días, a nave de exploración leva un micrófono e poderemos escoitar na rede como soa Marte dende esta web. Á parte da web oficial desta misión, poden atopar máis información na web da Universidade de California, onde se encontra o equipo científico, ou a web da Mars Society, que promove a exploración do planeta vermello.
.