Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VOTARASE O 17 DE MARZO NO CONSELLO EUROPEO

Produtores lácteos alertan dun descenso dos prezos en orixe se aumenta a cota

A Federación de Empresarios Produtores de Leite pediu que España vote en contra dun incremento da cota do 2% que provocaría un descenso do prezo en orixe superior ao 4%.

Redacción - 17:54 07/03/2008

Esta baixada de prezos, segundo a Federación Española de Empresarios Produtores de Leite (Prolec), dificilmente traduciríase nun descenso aos consumidores nin solucionaría o problema da escaseza de leite en Europa. Prolec insistiu en que a cota non debe aumentarse mentres o prezo pagado aos produtores de leite non cubra os custos de produción, que na actualidade sitúanse entre 0,39 e 0,41 euros por litro.

Francia e Alemaña, países de referencia na política agraria da UE, xa mostraron o seu desacordo con esta medida e pretenden votar en contra da mesma, posto que temen unha redución de prezos ao gandeiro. "Sumar cota a países excedentarios, por exemplo Francia, suporía máis entrada de leite en España, o que agravaría a situación dos gandeiros españois", sinalou o director xeral de Prolec, Carlos Gil.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: