A empresa Nestlé e as galegas Feiraco e Río xa anunciaron que manterán os seus pagos estábeis.
As tres organizacións sindicais maioritarias no agro galego (SLG, UU.AA e XX.AA) ofreceron este mércores unha conferencia de prensa conxunta para mostrar a súa unidade diante de calquera intento de baixar o prezo do leite. Os representantes dos gandeiros anunciaron que non dubidarán en boicotear a aquelas empresas que baixen o leite.
Para contrarrestar as intencións dalgunhas multinacionais, os tres sindicatos queren poñer en marcha, a partir do vindeiro 14 de abril, unha campaña informativa dirixida aos consumidores. Denuncian que empresas como a francesa Lactalis está a poñer contra as cordas aos produtores do país. Pola contra, danlle os parabéns a Nestlé e ás galegas Río e Feiraco que xa anunciaron que non van secundar a baixada.
A produción de leite, malia as sucesivas crises que sufriu o sector nas últimas dúas décadas, segue a ser un alicerce básico do medio rural galego. Na actualidade máis de 14.000 familias do país que rexen granxas de leite.