Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Suba de prezos

Anuncian que os produtores de leite cobrarán 60 céntimos por litro

Segundo o director xeral de PROLEC, o incremento da demanda en Asia e a escaseza de vacas poden manter a tendencia alcista.

Redacción - 18:56 24/10/2007

Os produtores de leite confían en que o prezo do produto subirá até que os gandeiros cobren uns 60 céntimos de euro por litro. Así o asegurou o director xeral da Federación Española de Empresarios Produtores de Leite (PROLEC), Carlos Gil, quen detectou unha “predisposición alcista” dos prezos. O obxectivo de acadar os 60 céntimos por litro de leite acadaríase nun prazo de dous anos se se mantén a tendencia á suba.

Segundo o empresario, os prezos dos produtos lácteos están a aumentar polo aumento do consumo en países como a China e a India, “onde antes non había demanda”. Gil asegurou que “non hai razón obxectiva xustificábel” para que non continúe a tendencia alcista “porque hai escaseza de vacas e de leite en todo o mundo”.

O director xeral de PROLEC anunciou que, no Estado Español, o consumo de leite descendeu até os 82,4 litros por habitante e ano e que, do millón de vacas de leite, un terzo son galegas.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: