Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dende as 10.00 horas na Delegación de Traballo

Sindicatos e patronal sentan a negociar logo dunha semana de folga no naval

Os traballadores cortan o tráfico nas rotondas de Bouzas e de Guixar. Á media mañá está prevista unha asemblea informativa.

FAA - 10:19 10/05/2007
Manifestación dos obreiros do naval, esta cuarta feira en Vigo

Manifestación dos obreiros do naval, esta cuarta feira en Vigo

Tras o anuncio realizado esta cuarta feira pola CUT, no que comunicaba a súa intención de non ser un "obstáculo" para a resolución do conflito nin a "escusa" da patronal para non se sentar á mesa de negociación, este xoves, finalmente, os empresarios reúnense cos representantes dos traballadores.

A xuntanza, que ten lugar na Delegación de Traballo dende as 10.00 horas, enmárcase dentro da Comisión de Seguimento da Axencia da Bolsa de Emprego (ABE), mais tal e como sinala o secretario xeral da CUT, Manolo Caamaño, "será o Comité de Folga -da que forman parte as catro centrais sindicais- e mais a asemblea de traballadores as que aproben as medidas adoptadas", e as que teñen a potestade para desconvocar a folga indefinida, que xa cumpre unha semana.

Ramón Sarmiento, representante do sector naval de CCOO, di, en relación coa xuntanza cos empresarios, que "estamos obrigados a ser optimistas", malia que recalca que a posición dos traballadores é clara e perfectamente coñecida pola patronal.

Cortes de tráfico

As mobilizacións, aprobadas na asemblea da primeira hora da mañá para este xoves, contemplan o corte do tráfico rodado en dous puntos da cidade: o primeiro, que realizan os traballadores de Barreras, na entrada do recheo de Bouzas; o segundo, do que se encargan os operarios de Vulcano, ten como obxectivo bloquear o paso á altura da rotonda de Guisar.

Posteriormente, á media mañá, está previsto que ambos grupos se xunten nun punto en común para facer outra asemblea, neste caso informativa, sobre o resultado das negociacións cos empresarios. Neste senso, Antolín Alcántara, manifestou que os representantes dos traballadores na reunión coa patronal non permitirán que se "estenda indefinidamente no tempo".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: