Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reuníronse en asemblea fronte ao concello

Miles de traballadores do naval maniféstanse nas rúas de Vigo

Este venres os operarios saían dos estaleiros por Beiramar cara Colón, para chegar despois á chamada Praza de España, cortando o tráfico do centro.

Redacción - 12:30 04/05/2007

Aproximadamente uns 5.000 traballadores manifestáronse este venres polas rúas de Vigo, en protesta polo incumprimento do convenio laboral do metal. A marcha transcorreu sen incidentes durante toda a mañá.

Ás 12.00 horas, os operarios mantiveron unha asemblea informativa na Praza do Rei, fronte ao concello, coa participación de todos os sindicatos con representación: CIG, UXT, CCOO e CUT, este último motivo de discordia entre empresarios e centrais.

Mentres os primeiros sinalan que non é representativo, que non asinou o convenio e que tampouco pertence á Comisión de Seguimento da Axencia da Bolsa de Emprego (ABE), os sindicatos defenden que forma parte da comisión de folga e ten que estar sentado na mesa de negociación.

Folga na ITV
Ademais, os traballadores en folga dos centros da Inspección Técnica de Vehículos, ITV, decidiron convocar unha concentración diante da delegación da Xunta en Pontevedra, segundo informa a CIG, quen tamén denunciou a agresión a un dos seus afiliados no Porriño por parte dun delegado da UXT.


4,86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: