Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: quencemento-global

1/Novembro/2009 /

O acordo contra a mudanza climática adíase

Os líderes europeos cifran en 100 mil millóns de euros anuais a axuda que precisarán os países pobres para afrontar o quencemento global.


26/Xullo/2009 /

A mudanza climática fai que os peixes sexan máis pequenos

As especies mariñas europeas perderon a metade da súa masa corporal nos últimos decenios por mor do quencemento do mar.


13/Marzo/2009 /

A acidez dos océanos fai perigar as especies mariñas

Causada polo aumento do dióxido de carbono na atmosfera, aumentou un 30% no último século, e ameaza a especies como a estrela de mar.


11/Marzo/2009 /

O nivel do mar sobe a un ritmo maior do prognosticado

Os científicos sinalan que as proxeccións da ONU son demasiado baixas e advirten que os océanos poderían elevarse un metro ou máis até 2100.


19/Febreiro/2009 /

A deforestación na Amazonía xa provocou a extinción de 26 especies

O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente tamén alerta do perigo que corren outros 644 exemplares animais e vexetais.


18/Xaneiro/2009 /

Xapón lanzará un satélite que medirá os niveis de dióxido de carbono na atmosfera

Cun custe de 272 millóns, o "Ibuki" permitirá estudar a densidade dos gases e observar e os seus efectos sobre o ambiente.


1/Decembro/2008 /

A crise pexa os posíbeis avances no Cumio do Clima

A partir deste luns 192 países inician as conversas que culminarán o vindeiro ano cun novo acordo que substituirá ao Protocolo de Quioto a partir de 2012.


16/Novembro/2008 /

As Maldivas, de paraíso a terra de refuxiados climáticos

O goberno quere mercar outros territorios ante o risco de que o arquipélago do Océano Índico desapareza baixo o nivel do mar.


25/Outubro/2008 /

De aquí até final de século podería desaparecer case a metade da Amazonía

O Instituto Nacional de Pescudas Espaciais alerta dos riscos que corre esta selva tropical se aumenta a temperatura global.


23/Outubro/2008 /

"Almacenar o CO2 retarda o problema, mais non o resolve"

A primeira planta experimental de captura e almacenamento de carbono situarase no Bierzo e estará operativa no 2010.


4/Outubro/2008 /

A nosa costa, das máis vulnerábeis á mudanza climática

Un informe alerta das consecuencias do quecemento global: en Galiza subirá medio metro o nivel do mar e perigará o futuro dos cultivos.