 
 
O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente tamén alerta do perigo que corren outros 644 exemplares animais e vexetais.
Que o ritmo de deforestación da Amazonía é acelerado xa non é unha noticia. Mais si o é o nivel que está acadando a desaparición das especies naquela parte do planeta. Segundo un relatorio divulgado polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (Pnuma), até o ano 2006 extinguíronse un total de 26 especies de animais e plantas e, aínda máis, para o futuro máis inmediato outros 644 exemplares entrarán na lista de ameazados.
Ademais, dende a ONU ofrecen datos máis exactos sobre a deforestación e afirman que até o 2005 a Amazonía acumulou unha perda do 17% da súa vexetación total nos nove países que teñen parte deste bosque tropical. É dicir, a área total deforestada ascende xa até os 857 mil quilómetros cadrados.
Previsións para o futuro
O informe fala de tres factores que influirán no futuro: as políticas públicas, o funcionamento do mercado e o desenvolvemento de novas tecnoloxías. Así, define catro escenarios diferentes que, en ningún caso, suporían unha situación ideal. Por iso, o Pnuma solicita a acción conxunta dos gobernos dos países amazónicos para facer fonte aos retos e suxire o deseño de estratexias rexionais para fomentar o uso sostíbel da zona e impulsar outras medidas que contribúan á súa conservación.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto