Fermoso peche da novena edición da xuntanza mariñeira, onde varios artistas deixaron pegada mensaxeira ao azar de ventos e correntes.
Éxito de participación no inicio da cita mariñeira, á que lle dan cor os propios muradáns, vestíndose ao xeito tradicional.
Muros acolle, de xoves a domingo, unha nova edición destas xornadas, que se achegan á navegación dende distintas perspectivas.
No Museo do Pobo presentouse a vindeira edición do evento que acollerá a vila coruñesa entre o 9 e o 12 de xullo.
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial é convidada á 'European Maritime Heritage', ingreso que formaliza este venres o director do Museo do Mar.
Na bitácora de cultura marítima "Singradura da Relinga" poden ler a entrevista colectiva realizada a Manuel García Sendón, presidente da comisión organizadora.
O ano pasado non se puido facer, pero este o Clube Mariño a Reboira teno todo xa listo para que saian moi ben as cousas nestes décimo segundos encontros.
Na tarde do sábado celébrase a Volta á Illa de Arousa, organizada polos dorneiros arousáns, seguindo coas regatas de embarcacións tradicionais das rías galegas.
...aínda que os vellos patróns usan outras palabras para esta manobra mariñeira. No concurso de Vieiros do Mar podes descubrir cales. Lembra que sorteamos varios convites a comer e navegar!
A segunda proba do calendario galego foi a terceira regata organizada polos Amigos da Dorna Meca. Eles son os que nos mandan esta crónica dende O Grove.
Vieiros do Mar convídate a comer e navegar na ría de Ferrol: sorteamos cinco convites especiais para o vindeiro VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Na cuarta feira preséntase en Ferrol o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O evento do 5 ao 8 de xullo.
Artellado este ano polo Clube do Mar de Ferrol, o encontro, na terra e na auga, xuntará milleiros de persoas arredor da cultura e as tradicións do mar.
A exposición de embarcación antigas chega a Cambados, e a carpa de deporte itinerante instálase o sábado na Praza da Constitución ferrolá.
A Festa do Mar e dos Mariñeiros de Brest celébrase cada catro anos e a cita do 2008 reunirá na cidade bretona aos amadores do mar durante sete xornadas, do 11 e o 17 de xullo. Esta festa marítima celébrase dende 1992.
Non se sabe moi ben cómo comezou a cousa, pero é un feito ben recente que parece que espontaneamente se deu nunha zona da Illa de Arousa, onde varias asociacións de mozos e mozas quixeron recuperar as barcas e mailos aparellos que morrían na area.
Tras a súa creación, en abril deste ano, o proxecto da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) e a Consellería de Cultura e Deporte, anda, cada fin de semana, por unha vila galega.
Co VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza, que se vai celebrar en Ferrol do 5 ao 8 de xullo, xa levan máis de catorce anos a xuntarse xente con querencia ás gamelas, ás dornas, ás lanchas galegas de toda a vida... arredor da cultura marítima do país.
A tempada das regatas de dornas continúa n'O Grove, onde se xuntarán os barquiños de pau mellor feitos do país, noutra competición do circuíto galego.
Na fin de semana votou a andar a tempada de Dornas a Vela. Aquí pómos unha crónica da xornada, que nos enviaron dende a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que organiza as regatas.