Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Proxecto Nabeira08 e carpa ruando

O "Patrimonio do Vento e do Sal" chega a Cambados e a carpa Ruando a Ferrol

A exposición de embarcación antigas chega a Cambados, e a carpa de deporte itinerante instálase o sábado na Praza da Constitución ferrolá.

Redacción - 18:15 16/06/2007
O mar de Cambados

O mar de Cambados

Proxecto Nabeira08

"Patrimonio do Vento e do Sal. As embarcacións tradicionais galegas" continúa a súa itinerancia polo país, e logo de repousar a pasada fin de semana en Monforte, terra adentro por primeira vez dende que botou a andar en abril, chega a Cambados o domingo.

Xa contamos outras veces de qué ía esta exposición, que ademais de recoller unha chea de embarcacións tradicionais galegas nunha grande exposición, trae cada fin de semana unha serie de actividades de lecer aparelladas. Nas vilas onde hai amarra Nabeira tamén se fan pequenas regatas e móstranse as gamelas, as dornas e outros barcos a navegar, fanse xogos cos máis pequenos e trata de se difundir a milenaria cultura marítima e fluvial galega.

De iso vai Nabeira08; é un xeito de achegar aos galegos e galegas a tradición do mar no sau país e recuperar costumes e tradicións que non se deberan perder coa modernidade.

A exposición poderá visitarse de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

A Carpa Ruando

A carpa de deporte itinerante da Dirección Xeral para o Deporte instalarase o sábado na Praza da Constitución de Ferrol, e permanecerá aberta ao público até a terza feira.

A carpa Ruando, logo de psar por varias vilas e cidades galegas, chega a Ferrol cos seus máis de 600 metros cuadrados de intalacións deportivas e de lecer para os mñáis cativos, chea de ferramentas para parcticar varios deporte, conectarse a internet, xogos tradicionais, pegamoscas...

A carpa abrirá as súas portas o sábado pola tarde, e permanecerá na localidade durante o domingo, segunda e terza feira en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: