A Festa do Mar e dos Mariñeiros de Brest celébrase cada catro anos e a cita do 2008 reunirá na cidade bretona aos amadores do mar durante sete xornadas, do 11 e o 17 de xullo. Esta festa marítima celébrase dende 1992.
O encontro de Brest é un acontecemento único onde se reúnen máis de 2.000 embarcacións tradicionais e clásicas, e milleiros de visitantes, sendo considerada unha das feiras marítimas máis importantes do mundo. Cada pobo que viaxa á capital da Bretaña, vai para amosar a riqueza e a diversidade da súa tradición e cultura ligada ao mar.
Todas os países e rexións marítimas de Europa teñen a súa representación en Brest, e Galiza vai o ano que vén de convidada de honra.
A Festa do Mar e dos Mariñeiros de Brest celébrase do 11 e o 17 de xullo de 2008. A xornada oficial de Galiza será o día 16 de xullo, e desenvolverase nunha serie da carpas, na chamada village galega, a carón do peirao no que se amarrarán as embarcacións do país. Van estar unhas vinte embarcacións tradicionais, que ademais han participar nos desfiles e nas mostras programadas.
Na village galega haberá exposicións, obradoiros, mostras... do patrimonio cultural galego vencellado ao mar e ás actividades de ribeira, ademais de actuacións en directo.