Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vieiros do Mar

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Vieiros do Mar
Embarcacións Tradicionais galegas

Comezan as regatas dun dos deportes máis antigos de Galiza

A tempada das regatas de dornas continúa n'O Grove, onde se xuntarán os barquiños de pau mellor feitos do país, noutra competición do circuíto galego.

Redacción - 11:19 22/06/2007
A dorna "Tixosa"

A dorna "Tixosa"

As regatas de dornas son todo un espectáculo digno de ver, e é xusto a agora, mentres bota a andar paseniño o verán, cando saen as dornas todas dos garaxes e dos cobertizos onde pasaron o inverno.

Toda a xente apura o arranxo do seu barquiño e tentan ter prontas as velas, porque nas regatas o máis importante é o vento, que le dá pulo ás embarcacións. Cando non o hai, tampouco hai competición.

As regatas de embarcacións tradicionais xuntan cada ano a milleiros de persoas, arredor da cultura marítima e fluvial galega, e teñen unha boa acollida entre os pagáns que se achegan a cheirar de qué vai a cousa, porque, ademais de divertidas e estrañas, despois de cada regata gárdase un tempo para os petiscos e mais para o viño, cousa que sempre moveu a xente.

Un percorrido arredor das bateas d'O Grobe

A III edición da Regata Area Seba de dornas a vela, organizada pola Asociación de Amigos da Dorna Meca, é tamén unha proba máis do calendario de actividades da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a FGCMF, que comezou xa hai dúas fins de semana.

A regata, programada para o sábado pasado, tivo que se suspender até este sábado, cando se celebrará nas augas mecas, contando coa participación de arredor dunhas corenta embarcacións. Sairán todos do porto d'O Grove para dirixirse á baliza do Arido, e unha vez rebasada continuarán arredor das bateas. Logo de percorrer arredor de sete millas náuticas, chegarán ao mesmo lugar do que se saíu.

Na proba meca participarán embarcacións de diversas asociacións e clubes como ACD Dorna da Illa de Arousa, Fasquía da Illa de Arousa, Lajareu de Ribeira, Clube Mariño Salnés de Cambados, Amigos da Dorna de Portonovo, Náutico Rodeira de Cangas, Sueste de Moaña e Rabandeira de Vilanova de Arousa.

Ao terminar, coma sempre, e depois dos premios, haberá un convite con petiscos e outras cousas, para os participantes.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: