Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: dietas

2/Marzo/2010 /

Tantos quilómetros, tantos euros

Os deputados xustificarán xa no vindeiro pleno os gastos de quilometraxe para cobrar as indemnizacións.


25/Febreiro/2010 /

O Parlamento reforzará os mecanismos de control para evitar fraudes no cobro de dietas

Os grupos políticos acordan que sexa obrigatorio xustificar documentalmente cada desprazamento para cobrar a indemnización.


A socialista Laura Seara presentará información que certifica que viaxou en taxi e mais no vehículo da súa parella
23/Febreiro/2010 /

A socialista Laura Seara presentará información que certifica que viaxou en taxi e no vehículo da súa parella

Nega que usase coche oficial, censura a "infamia" das acusacións do PPdeG e anuncia que vai presentar unha querela.


Polémica polo cobro de dietas no Parlamento
22/Febreiro/2010 /

Aymerich: "Poño a man no lume por todas e todos os deputados do BNG"

O portavoz nacionalista no Parlamento recorda que "hai unha irregularidade recoñecida" (Miranda, PPdeG), e outra que "pode ter fundamento" (Laura Seara, PSdeG).


21/Febreiro/2010 /

Miranda acepta agora devolver dietas por quilometraxe

O deputado e portavoz do PPdeG insiste en que só viaxou en coches diferentes ao seu "un 15% das ocasións", pero di que devolverá o 100% dos ingresos.


Rodríguez Miranda devolverá as dietas que cobrou por traslados que non fixo no seu vehículo se o pide o Parlamento
17/Febreiro/2010 /

Rodríguez Miranda devolverá as dietas que cobrou por traslados que non fixo no seu vehículo se o pide o Parlamento

Di ter "a conciencia plenamente tranquila", e non ve motivos para que o PPdeG lle abra un expediente, aínda que "decidirá" o partido.


15/Febreiro/2010 /

Rodríguez Miranda considera "anecdótico" o cobro irregular de dietas

O portavoz popular recoñece ter viaxado no coche de Baltar malia cobrar un complemento no seu salario por desprazamentos.


7/Xaneiro/2008 /

Os deputados perciben máis de 25 mil euros ao ano en dietas que non teñen que declarar

Un parlamentario galego con dedicación exclusiva cobra de media 50 mil euros anuais, aínda que só declara a metade a Facenda.


13/Decembro/2007 /

Barbadás gasta vinte veces máis en soldos políticos ca en investimentos sociais

O executivo destinará o vindeiro ano 205 mil euros a pagos á corporación e dez mil a investimentos en política social


25/Outubro/2007 /

O Tribunal Supremo arquiva a querela contra Cacharro Pardo

O auto do conclúe que "o aforado non cobrou cantidades" en "concepto persoal", nin hai "indicio" de que coñecese os pagamentos.