Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ECONOMÍA DOS CONCELLOS

Barbadás gasta vinte veces máis en soldos políticos ca en investimentos sociais

O executivo destinará o vindeiro ano 205 mil euros a pagos á corporación e dez mil a investimentos en política social

Redacción - 14:10 13/12/2007
Xosé Manuel Freire, alcalde de Barbadás

Xosé Manuel Freire, alcalde de Barbadás

As retribucións que perciben os políticos locais continúan a provocar un forte debate. Logo de que o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, denunciara que os gobernos municipais socialistas e nacionalistas incrementaban notabelmente o número de dedicacións exclusivas, a resposta vén dende o PSdeG. Como exemplo poñen o que sucede en Barbadás. Neste concello ourensán o executivo que preside Xosé Manuel Freire (PPdeG) aprobou os orzamentos para 2008. En total, prevese un gasto para o ano que vén de 5,6 millóns de euros. Porén, dende a oposición cualifican de disparatado e “escandaloso” un orzamento que contempla 205 mil euros para salarios e dietas de políticos e só dez mil euros “reais” de investimento en benestar social.

Segundo lle explicou a Vieiros o voceiro socialista no municipio, Xosé Carlos Valcarce, o goberno local decidiu “liberar” a catro dos sete concelleiros cos que conta. Dous deles cobrarán 3.000 euros brutos ao mes por candasúa dedicación totai e outros dous 1.500 por dedicacións parciais. O alcalde da localidade non ten soldo, xa que preside o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), pero si dereito, como outros membros do executivo, a percibir 200 euros por asistencia a xuntas de goberno e a plenos (cada membro da oposición cobrará 150 por este mesmo concepto). A isto hai que sumar dietas por comidas ou por desprazamentos. En total, o goberno contempla unha partida de 205 mil euros para todo o ano.

Un alcalde con “pluridietas”
O pasado mes de outubro o grupo do BNG na Deputación de Ourense denunciaba outra “irregularidade” do alcalde de Barbadás, que tamén é deputado provincial. Os nacionalistas pedían que Xosé Manuel Freire devolvera 27 mil euros que percibira en concepto de dietas á Deputación nos últimos. A razón era evidente, Freire xa estaba a cobrar máis de 58 mil euros ao ano como presidente do Inorde, organismo que tamén depende da Deputación. Os ingresos do rexedor dispáranse aínda máis se se suman os cartos que percibe por asistencia a comisións e plenos tamén en Barbadás.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: