Permitirá renunciar a todos os dereitos sobre unha obra e liberala ao domino público, con validez internacional.
O 28 e o 29 de novembro a ETS de Enxeñaría de Compostela acollerá conferencias e mesas redondas sobre o novo panorama creativo na sociedade do coñecemento.
Unha gala de sete horas servirá para recoñecer os mellores traballos alleos ás entidades xestoras de dereitos de autor.
Comezará ás oito da tarde no C.S. do Pichel, por onde pasarán Ataque Escampe, Berobambán, e Leo i Arremecaghona!! acompañado de García de Dios ke te Crew.
A música cambia, sobre todo nos seus mecanismos de distribución, e semella que o futuro inevitábel son as descargas gratuítas.
As licenzas alternativas ao copyright cobran cada vez máis popularidade no mundo.
Un estudo salienta que a xurisdición española é a primeira do mundo en número e en porcentaxe de creacións de libre distribución.
Poesía pirata, música, teatro, caraoque e cinema son algunhas das actividades previstas polo Cineclube de Compostela para esta xornada, no seu local da rúa Santa Clara.
Na rede, para todo o mundo e de balde, como non podía ser doutro xeito. O Pirata, artefacto de apoio ao Cineclube de Compostela, xa está dispoñíbel na súa web grazas ás Brigadas de Intervención Rápida George Grosz.
Na rede, para todo o mundo e de balde, como non podía ser doutro xeito. O Pirata, artefacto de apoio ao Cineclube de Compostela, xa está dispoñíbel na súa web grazas ás Brigadas de Intervención Rápida George Grosz.
O ano pasado pasaron unha copia do documental Terra Negra, de Ricardo Íscar, facilitada polo propio director. Unha produtora demanda agora o pago de dereitos.