Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Creative Commons

O Estado Español, líder na publicación de obras con licenza libre

Un estudo salienta que a xurisdición española é a primeira do mundo en número e en porcentaxe de creacións de libre distribución.

Redacción - 13:01 02/11/2007

As licenzas libres callaron no Estado Español. De feito, é o primeiro territorio do mundo en número de obras publicadas baixo Creative Commons. De 60 millóns de creacións en todo o mundo, máis dun millón proceden do Estado, segundo un estudo das universidades de Singapur e de Albany.

O espectacular número de licenzas que existen no Estado Español, e que fan que sexa tanto líder en termos absolutos como per cápita, pódese deber tamén aos artistas latinoamericanos que se deciden unir á xurisdición española. Tamén inflúen positivamente a promoción das licenzas entre a poboación, o recoñecemento xudicial que obtiveron, o afán recadador das entidades de xestión e a legalidade de compartir contidos sen ánimo de lucro, que non acontece noutros estados. O informe tamén destaca que no Estado os creadores escollen as modalidades de licenza máis libres.

As Creative Commons dan a posibilidade de que os autores permitan a copia e distribución libre das súas obras recoñecendo a súa autoría orixinal, aínda que teñen varios graos de liberdade, como permitir ou non a modificación ou o uso comercial das creacións. A súa principal avantaxe é que permiten unha difusión moito máis rápida e sen cancelas pola rede.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: