Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Este venres 6, a partir das 19.00

Xornada pola cultura libre no Cineclube de Compostela

Poesía pirata, música, teatro, caraoque e cinema son algunhas das actividades previstas polo Cineclube de Compostela para esta xornada, no seu local da rúa Santa Clara.

Redacción - 11:58 04/07/2007

Perante a demanda interposta por Cámara Oscura Producciones, pola cal esixía 250 euros ao Cineclube de Compostela en concepto de supostos dereitos de exhibición (pola proxección libre e gratuíta da fita Terra negra, achegada polo seu director, Ricardo Íscar), o Cineclube convoca unha xornada pola cultura libre.

Este venres a partir das 19.00, a música, a poesía, o teatro e a festa non terán prezo: comezarán cunhas proxeccións: House at Pooneil Corners, de Jean Luc Godard, dura oito minutos, e é unha sorte de videoclip sobre os EUA nos últimos 60, concerto de Jefferson Airplane incluído. Despois, O tigre saltou e matou, mais vai morrer... vai morrer... , do cubano Santiago Álvarez. Este documental realizado en 1973 cóntanos, en 16 minutos, a loita do pobo chileno, a través da figura do cantautor Víctor Jara, asasinado polos fascistas. E para rematar, a surrealista e cómica Comida (Jídlo), de Jan Svankmajer, coprodución checa e británica de 14 minutos, estreada no 92: dous homes nunha mesa, un fronte ao outro, comen.

A seguir, haberá un recital de poetas piratas: cadaquén recitará versos que non sexan seus. Despois caraoque lírico, e a continuación, o teatro de Berrobambán (a obra aínda é unha incógnita) e Clara Gayo, o brazo armado da SGAE. E para rematar, a música d'O Leo i Arremecághona!!!, Ataque Escampe, e Deluxe Non. Cando rematen os concertos, a festa segue con Dj. Marx & Dj. Engels aos pratos.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: